639.129.683 / 629.329.267 (de 09:00 a 14:30 e de 17:30 a 21:00 horas)
asociacion@gatocan.com
Todos los animales 

Noticias
1 2  Seguinte>>
Calendario Gatocan 2017
27/09/2016
Mañá día 28 ás 19,30 na segunda planta do Corte Inglés de Ramón y Cajal (sala especial para eventos) farase a presentación oficial do CALENDARIO SOLIDARIO GATOCAN 2017, en cuxa portada esta vez temos a sorte de contar coa colaboración desinteresada do persoal do Real Club Deportivo da Coruña e algún de cuxos xogadores acompañaranos no evento.

Ruta de senderismo o 9 de outubro
16/09/2016
Os nosos amigos, socios e voluntarios de Sikae Viaxes organizáronnos, para o día 9 de outubro, unha ruta de sendeirismo polas Fragas do Eume. Trátase dunha marabillosa ruta de aproximadamente sete quilómetros e de dificultade baixa á que pode acudir todo o que o desexe, estea ou non relacionado coa Asociación.

A información completa sobre o evento podedes vela na seguinte ligazón:

http://app.box.com/s/s0bumfuzjq0mr1f4751lf8alo3km1gck

¡Animádevos a vir! Tanto os que vides cos vosos cans como os que vides sen eles, gozaredes dunha fermosa e gratificante actividade.

Revista Gatocan de Agosto
07/09/2016
Xa está lista a revista Gatocan correspondente ó mes de agosto. Podedes vela en:

http://app.box.com/s/2x95lnd72l40zzxxrek1adna77laee6f

Se tedes algún problema para vela, optade por descargala, pulsando onde pon "Download".

Esperamos que vos guste.

Setembro solidario en Mercería de Marta
02/09/2016
Durante todo o mes de setembro a nosa cesta solidaria estará en Mercería de Marta, situada na rúa Rodrigo A de Santiago con Alfredo Tella (cruce de Correos-Barrio do Ventorrillo). Todos os que queirades doar algo para a protectora podedes deixalo alí.

¡Calquera axuda será benvida!

Agosto solidario en Fotografía & Vídeo Borrazás
02/09/2016
Poñémosvos unha foto do recadado na tenda Borrazás Fotografía & Vídeo durante o mes de agosto. Queremos dar as grazas a Mercedes, a propietaria da tenda, e a todos os que achegastes o voso graniño de area doando algo para os nosos peludos.

Borrazás Fotografía & Vídeo

Alejandro Arribas acompañounos en Sada
23/08/2016
O xogador do Deportivo Alejandro Arribas acompañounos o pasado domingo no stand que montamos en Sada.

Podedes ver as fotos correspondentes ao evento no noso facebook:

http://www.facebook.com/apagatocan/photos/?tab=album&album_id=1225160867515660]


Xullo solidario en La Ola Creativa
01/08/2016
Pechamos xa o evento en La Ola Creativa, con moi bo sabor de boca.

Queremos dar as grazas a Elena e as súas compis por aguantar o tirón sen queixarse, e ter todas as cousas doadas na súa tenda.

Grazas, tamén, a todos os que aportastes o voso graniño de area doando algo para os nosos peludos.

Masterclass de zumba solidaria o 16 de xullo
17/07/2016
O día 16 de xullo celebramos en Sada unha marabillosa masterclass de zumba, onde bailamos salsa, merengue, cumbia, reguetón, samba ...

Queremos agradecer ós monitores Laura García, Yaiza Lancina, Luis Melio, Eve Grisel, Andrea García, Zeltia Regueiro, Carmen López, Mercedes G. Doval, María Uro e a Natalia Fernández o inmenso esforzo que fixeron para bailar ese día, dadas as altas temperaturas que houbo.

Tamén temos que dar as grazas a todas aquelas persoas que as acompañaron bailando diante do palco, pois o seu esforzo non foi menor.

Finalmente damos as grazas a todos os que participaron dunha ou outra forma na organización deste bonito evento.

Podedes ver toda a información sobre o evento en: Zumba_Solidaria

Solidaridade en maio, valor da o ano!
01/05/2016
Que o sol e o penso ábranse paso.

Actuación solidaria reunificadora de alimentos, mantas e demais aveños e elementos de utilidade, tanto canina como felina, a favor de APA Gatocan.

https://www.facebook.com/events/264949017188135/

https://www.facebook.com/apagatocan/videos/o.264949017188135/1151915031506911

#Gatocanízate

En abril...doazóns mil en Patitas canela
01/04/2016
Que chova, que chova
moito penso na cesta
Que chovan, que chovan
mantas, latas, toallas vellas.

Os gatos maúllan
os cans se baban
¡Que si, que non,
colabora co teu amor!

Durante todo o mes de abril, Patitas canela albergará a nosa cesta solidaria... ¡feixe canastra as veces que queiras!

1 2  Seguinte>>