639.129.683 / 629.329.267 / asociaciongatocan@gmail.com
Noticias
Rastrillo o 28 de agosto
25/08/2010
O sábado 28 de agosto, se o tempo o permite, celebrarase un novo rastrillo no lugar habitual, no Paseo Marítimo de Sada, xunto á caseta de socorrismo.

Esperámosvos.

Gañadores do Concurso de Cans Mestizos
22/08/2010
Os gañadores da V Edición do Concurso de Cans Mestizos, de esquerda a dereita, foron os seguintes:

Grandás, que conseguiu o premio ao máis guapo

Blue, que conseguiu, xunto co seu dono, o premio á mellor parella amo-can

Colín, que conseguiu o premio ao máis simpático e que, curiosamente non é o da foto, pois tivo que irse antes da entrega de premios

Chispa, que conseguiu o premio ao máis obediente

Máis fotos en nuestro foro: Concurso_Mestizos

Gatocán declarada asociación de Utilidade Pública
15/08/2010
O martes 10 de agosto Gatocán foi declarada asociación de Utilidade Pública.

É unha moi boa nova, tanto para a asociación coma para os seus socios, que terán, dende agora, dereito a certas vantaxes fiscais.

Entrega do cadro doado a Gatocán
26/07/2010
O pasado 12 de xullo foi entregado á súa dona o cadro "Anémona Japónica y Nube", que o pintor Eduardo Fernández Rivas doara a Gatocán con anterioridade, e que foi rifado para a obtención de fondos. A afortunada foi Mercedes Fraga Lago, unha socia de Gatocán.

Na foto aparecen, de esquerda a dereita, Beatriz Martín Catoira, presidenta de Gatocán, Eduardo Fernández Rivas, Mercedes Fraga Lago e Gabriela Castro, conselleira de Sada.

A foto foi tomada no exterior da Casa dá Cultura Pintor Lloréns de Sada, onde o cadro estivo exposto todo o ano.

Gatocán en Dolce Vita o sábado 3 de xullo
01/07/2010
O 3 de xullo haberá un concurso de cans no centro comercial Dolce Vita, no que un membro de Gatocán participará como xurado e noso educador canino, Manuel, fará unha exhibición de adestramento. Permitíronnos, ademais, poñer un posto informativo da protectora.