Este sitio web utiliza unicamente cookies técnicas que son esenciais para o funcionamento da páxina.
Con todo, contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de cookies alleas a A. P. A. Gatocan que vostede poderá decidir se acepta ou non cando acceda a elas.
Pode obter máis información aquí.

X

asociacion@gatocan.com               Aviso legal    Política de privacidade

Noticias
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19  Seguinte>>
Andaina polo Monte do Gato
04/07/2026
O domingo 28 de xuño recuperamos a andaina cos nosos peludos, unha das tradicións gatocaneras. Nesta edición, a paraxe elixida foi un roteiro polo Monte do Gato en Coirós, o noso propio Concello, co obxectivo de poder visitar tamén as instalacións do Refuxio.

Ben guiados por monitores, os participantes que superaban a vintena entre humanos e cans, percorreron o roteiro circular, saíndo desde Fontelo, chegando ata o miradoiro del Monte. E aínda que a choiva fixo acto de presenza, non impediu que a xornada de convivencia fóra estupenda, finalizando cunha comida fraternal para todos os asistentes no bar do local social da asociación Fillos de Oís.

Concienciar aos escolares e imprescindible
07/06/2026
Concienciar aos escolares sobre o respecto e a protección dos animais é fundamental para Gatocan, porque consideramos que non só axuda a previr o abandono, os malos tratos ou a indiferenza, senón que tamén reforza valores esenciais como coidar a natureza, comprender que as nosas accións teñen consecuencias e a asumir que todos podemos contribuír a un mundo mellor.
Durante estes últimos meses do curso acudimos a dar charlas en distintos centros educativos como o colexio de Sada ao que acudimos en abril xunto a María e o seu perrita Ash para ensinar ás clases de 5º e 6º de primaria; o Ponte dos Brozos en Arteixo para que os maiores e pequenos coñecesen a realidade dos animais, acompañados por Sonia e Chuspi; ou no IES David Buján de Cambre, cuxo alumnado de 2º da ESO ademais organizou unha colecta para o noso Refuxio.

Quedamos marabillados coa iniciativa da Escola de Carrio -CRA Bergondo, na que os pequenos de infantil, xunto á súa profesora Saleta fixeron un proxecto para difundir aos animais en adopción, alén de organizar un mercadillo no que conseguiron moitas cousas para o nosos cans e gatos refuxiados.

Grazas a todos os centros por axudarnos para que os adultos do futuro, coñezan o necesario que é protexer os animais.


Revista Gatocan
02/01/2026
Poñemos o enlace doutra edición especial da Revista Gatocan:

http://app.box.com/s/xr2ck3jp7b5c7hnpo2rca5f8iup9hx2q

Se tedes algún problema para vela, optade por descargala, pulsando onde pon "Descargar".

Esperamos que vos guste.

Visita Conselleira
15/12/2025
O sábado día 13 de decembro visitounos novamente a Conselleira de Medioambiente Angeles Vázquez quen veu a coñecer a ampliación das nosas instalacións nestas datas tan preocupantes para as adopcións e fixo fincapé en que os seres vivos non poden ser agasallos e non se debe inculcar este concepto aos pequenos da casa senón o respecto polos animais. Na súa visita estivo acompañada pola Directora Xeral de Patrimonio Natural Maria Sol Diaz e polo Alcalde de Coirós Francisco Quintela asi como pola Xunta Directiva de Gatocan e diversos voluntarios da mesma.

Edicion especial da Revista Gatocan
25/09/2025
Poñemos o enlace doutra edición especial da Revista Gatocan:

http://app.box.com/s/lxmj8wsaqce1kru6heil9a83rsozo7vo

Se tedes algún problema para vela, optade por descargala, pulsando onde pon "Descargar".

Esperamos que vos guste.

Dia dos animais
24/09/2025
O próximo dia catro de outubro, dia dos animais (de catro patas😄😄), faremos unha serie de actividades e un stand en colaboración con Candamin e O Corte Inglés diante das instalacións do segundo en Ramón e Cajal.
Esperámosvos!

Loteria e calendarios Gatocan
26/08/2025
ESTABLECEMENTOS QUE VENDEN LOTERÍA E CALENDARIOS DE GATOCAN POR ORDE ALFABÉTICA E LOCALIDADE:

A Coruña

Animalia clínica veterinaria

Arealonga clínica veterinaria

Bendito Café cafetería

Cadena Cien en Vereda del Polvorín

Canis clínica veterinaria

Del Sol clínica veterinaria

El Corte Inglés en Ramón y Cajal(so calendarios)

El Filón de Oro venta de loterías (na páxina web)

Kaiola clínica veterinaria

Kiko´s librería

Hospital Veterinario Atlantico (antes 4 de octubre)

Le Bistró cafetería

Mascotare perruquería, alimentación e varios de mascotas

Nos clínica veterinaria

Perrucan perruquería canina e felina

Vets Elviña clínica veterinaria


Betanzos

Bar Lolo

Panadería Mollete, panadería

Estanco De la fuente


Cambre

La tienda de Bea ultramarinos


Culleredo

Artabro clínica veterinaria

Librería Helena


Sada

Albeitar clínica veterinaria

Sada clínica veterinaria

Charla CRA Oroso
10/04/2025
O pasado día 8 de abril visitamos o local social de Sigüeiro para dar unha charla a nenos do CRA Oroso. Mil grazas!

Charla CEIP Gonzalo Torrente Ballester
13/03/2025
O pasado día 12 de marzo Gatocan deu unha charla no CEIP Gonzalo Torrente Ballester a nenos de 11-12 anos onde a participación por parte dos alumnos foi exemplar. Grazas Carlota por convidarnos e vémonos no rastrillo benéfico a final de curso

Stand
11/03/2025
O sabado dia un de marzo celebramos un stand en favor de Gatocan na cafeteria "A Estrela Canina" situada en C/Constitución nº 24, O Temple (Cambre).

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19  Seguinte>>