Este sitio web utiliza unicamente cookies técnicas que son esenciais para o funcionamento da páxina.
Con todo, contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de cookies alleas a A. P. A. Gatocan que vostede poderá decidir se acepta ou non cando acceda a elas.
Pode obter máis información aquí.

X

asociacion@gatocan.com               Aviso legal    Política de privacidade

Noticias
<<Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19  Seguinte>>
Visita a Residencia de maiores Sanitas
21/12/2023
O pasado día 20 de decembro visitamos a Residencia de Maiores Sanitas na Coruña co nosos queridos Cuco, Popi e Sira. Os residentes e nós así como o nosos amigos perrunos gozamos unha chea.
Grazas por fomentar este tipo de iniciativas.

STAND C.C CUATRO CAMINOS
16/12/2023
Poñémosvos unha foto do stand que tivemos o pasado día 10 de decemmbro en o C.C Cuatro Caminos na Coruña

DOAZÓN
12/11/2023

O teu gran día pode marcar unha gran diferenza para os peludos de Gatocan! E para mostra estás fotos preciosas da voda de Irene e Mauro, quen en lugar de regalar un obsequio de voda potencialmente refugable ou con todas as papeletas de acabar esquecido nun caixón... Fixeron unha gran doazón!

Desde Gatocan querémoslles dar as grazas mil veces máis por marcar a diferenza e facer que o seu amor exceda ata o noso refuxio, salpicando de axuda e de novas oportunidades aos nosos peludos.

Grazas tamén por compartir estás preciosas fotos as cales vos mostramos con gran alegría e agarimo. Grazas por tanto, Irene e Mauro! Que o amor continue marcando a diferenza na vosa vida 💚

Stand Decathlon Oleiros 11/11/2023
12/11/2023
Poñémosvos unhas fotos do stand que tivemos o pasado día 11 de novembro en Decathlon Oleiros. Os empregados do centro doáronnos dous sacos de penso adquiridos cos céntimos que van sobrando das voltas, cando sobran. E ademais contamos este día cunha vendedora de excepción, nosa querida cadela Mendi, adoptada xa hai uns anos e o seu adoptante

STAND C.C CUATRO CAMINOS
22/10/2023
Poñémosvos unha foto do stand que tivemos o pasado día 21 de outubro no Centro Comercial Cuatro Caminos na Coruña

Premio Lenda
11/10/2023
Xa están no refuxio o 200 kg de penso do premio Lenda. Grazas a Lenda e aos gatocaneros que o fixestes posible.

Stand Decathlon Oleiros
24/09/2023
Deixámosvos unha foto do stand que tivemos o pasado día 23 de setembro en Decathlon Oleiros

Paseo reivindicativo
26/08/2023
Gatocanera, a mañá de onte día 26 familias multiespecie tomaron o paseo de Riazor para realizar un paseo reivindicativo desde as Exclavas ata a fonte dos Surfeiros. O paseo foi organizado por PACMA. Gatocan, Sos Pelines, APACA e a iniciativa cidadá "Praias oleirenses tamén para eles", mostramos o noso total apoio. Os veciños e veciñas do Concello de Oleiros están a levar unha recollida de firmas tanto físicas como virtuais en change.org ( Firma ) para solicitar un horario no seu concello e de paso concienciar sobre a posiblidade de levar a cabo unha convivencia harmoniosa entre cans e humanos, coa implementación de horarios e campañas de sensibilización e civismo. O secreto sempre está no respecto, na tolerancia e por suposto nas ganas. Praias para todos, xa!

Aclaracions
28/07/2023
Ante as confusións que se están orixinando, queremos deixar constancia de que a protectora Gatocan de Coirós non ten máis instalacións en ningún outro municipio. En Oroso no ano 2017 constituíuse outra protectora que aínda que nada ten que ver connosco utilizou o mesmo nome.

Saúde e saúdos peludos 🐾

Premios Gosbi
26/06/2023
Gatocan é unha das dez protectoras a nivel nacional máis votadas entre as que Gosbi repartiu 170.000 racións de comida húmida para gatos.

Xa recibimos nosas 7.008 latas!! Un millón de grazas a Gosbi e a todos os que nos votastes!!!

<<Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19  Seguinte>>