asociacion@gatocan.com
Aviso legal
Política de privacidade
ACERCA DE GATOCAN
Quen somos
Contacto
Como axudar
OS NOSOS ANIMAIS
Antes de adoptar
Requisitos adopción
Gatos en adopción
Cans en adopción
Acollidos
Adoptados
INTERESANTE
Noticias
Lexislación e outros
Ligazóns
COLABORADORES
Deputación da Coruña
Goberno de España
Xunta de Galicia
Clínicas veterinarias
Tendas
Outros
SÉGUENOS
Foro
Facebook
Twitter
Instagram
Noticias
<<Anterior
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
Seguinte>>
Mercadillo solidario CEIP de Prácticas de A Coruña
24/06/2019
O pasado día 21 de Xuño os alumnos do CEIP de Prácticas da Coruña organizaron un mercadillo solidario a favor de Gatocan no que se recaudaron 270 euros. O noso querido Tigre acompañounos a dar as grazas aos nenos e dende aquí agradecemos nuevamente esta bonita iniciativa.
Charla Escola de Carrio
28/05/2019
O pasado día 16 de maio Gatocan deu unha charla sobre como coidar correctamente a unha mascota a nenos de entre tres e seis anos, da Escola unitaria de Carrio, do CRA de Bergondo. Acompañounos a nosa cadela Bruma que fixo as delicias dos nenos.
Damos as grazas ao centro e a Saleta, profesora dos nenos e quen tivo a idea de invitarnos.
Charla IES Isaac DÃaz Pardo
17/04/2019
O pasado día 9 de Abril, Gatocan deu unha charla no IES Isaac Díaz Pardo en Sada aos alumnos de 1° da ESO, na que se falou sobre o abandono e o maltrato animal, así como da importancia do voluntariado.Acompañounos Ignacio García ( Técnico da Reserva Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo).Nesta charla acompañáronnos tamen dúas alumnas da Facultade de Bioloxía da Universidade de A Coruña, que falaron sobre algúns comportamentos non desexados que poden ter as nosas mascotas debido a non educalas nin tratalas de un xeito adecuado.
CHARLA CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA
24/02/2019
O pasado día 19 de febreiro Gatocan impartiu unha charla sobre o abandono e o maltrato no CEIP Pedro Barrié da Maza en Sada a alumnos de infantil, 1º e 6º de EP. Moitas grazas ao colexio por esta iniciativa.
Concentración caza do raposo
25/01/2019
Este domingo dia 27 de xaneiro,ás 12 da mañá no Obelisco, haberá unha concentración autorizada na que participarán diversos colectivos de protección animal.
Gatocan estará tamén presente e roga a todas aquelas persoas que estean sensibilizadas co tema da caza que, se poden, acudan a prestar o seu apoio.
Entrega de donativos IES Rafael Puga Ramón
22/01/2019
O pasado día 15 de xaneiro as alumnas do IES Rafael Puga Ramón da Coruña fixéronnos entrega dos donativos recaudados e tivemos a oportunidade de darlles as grazas en persoa.
CHARLA CPR JORGE JUAN DE PERLÃO
10/01/2019
O pasado día 8 de Xaneiro, Gatocan deu unha charla no CRP Jorge Juan de Perlío, en Fene, aos alumnos de 5° e 6° de EP, na que se falou sobre o abandono e o maltrato animal, así como da importancia do voluntariado.
Nesta charla acompañáronnos dúas alumnas da Facultade de Bioloxía da Universidade de A Coruña, que falaron sobre algúns comportamentos non desexados que poden ter as nosas mascotas debido a non educalas nin tratalas de un xeito adecuado.
Mercadillo IES Rafael Puga Ramón
19/12/2018
As alumnas do IES Rafael Puga Ramón da Coruña han tido unha bonita iniciativa dentro dun "Proxecto de recreos creativos", para xuntar un donativo para a nosa asociación. Ata o día 20 deste mes estarán recollendo donativos. Moitas grazas!
Hallowen perruno
27/10/2018
Adoptantes do mundo, animádesvos a disfrazarvos co voso perrete?. En Tenda Animal Oleiros, o sábado 3 de novembro pódenvos premiar por iso.
Haberá premios para:
- O conxunto perrete/persoa máis a xogo
- O disfraz máis terrorífico (persoa ou can)
- Os andares máis salerosos (persoa ou can)
Acompañaranos tamén Irene Ventura que poderá axudarvos ca vosa maquillaxe e decorará as caras dos nen@s que desexen asistir ao evento tanto de espectadores como de participantes.
As inscripcións para concursar serán no mesmo sitio do concurso a partir das catro da tarde ou mandando un correo a asociacion@gatocan.com. O concurso comezará ás cinco.
¡¡Esperámosvos¡¡
DÃa da mascota no Colexio Eiris da Coruña
20/10/2018
Un ano máis estivemos no Colexio Eiris da Coruña celebrando con eles o día da mascota. Grazas por invitarnos!
<<Anterior
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
Seguinte>>