Este sitio web utiliza unicamente cookies técnicas que son esenciais para o funcionamento da páxina.
Con todo, contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de cookies alleas a A. P. A. Gatocan que vostede poderá decidir se acepta ou non cando acceda a elas.
Pode obter máis información aquí.

X

asociacion@gatocan.com               Aviso legal    Política de privacidade

Noticias
<<Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19  Seguinte>>
Charla
15/03/2023
Seguindo o famoso refrán: achégate aos bos e serás un deles; neste encontro sacamos beneficio e proveito da compañía e bo saber de Candamin e Iniciativa Dignidade Canina . Un pracer compañer@s!!!

Estamos moi agradecidos aos asistentes por participar tan activamente e demostrar tanta curiosidade polos cans. Agardamos contaxiarvos a nosa paixón e ganas de botar unha pata polos animais, porque voluntari@s tolos dos cans, dos gatos e da vida, habel@s, hail@s!!!

Stand Decathlon Oleiros
06/03/2023
Poñémosvos unha foto do stand que tivemos o pasado día 04/03/2023 en Decathlon Oleiros

Charla
28/02/2023
O próximo día 12 de marzo ás 16:00h en colaboración con Indican e Candamil teremos unha charla para entender un pouco máis aos cans. Teremos de ponentes a Adrián Paredes e Diego Ponce. Podedes reservar a vosa praza escribindo a charlavoluntariado@gmail.com. Será no Centro Cívico Os Mallos. Esperámosvos

Manifestación contra a caza
06/02/2023
O pasado día 5 de febreiro Gatocan participou en Coruña na manifestación en contra da caza e a inclusión dos cans de caza na Lei de Benestar Animal que se celebrou a nivel nacional en diferentes cidades.

Stand Decathlon Oleiros
22/01/2023
Poñémosvos unha foto do stand que tivemos o pasado día 21 de xaneiro en Decathlon Oleiros

Recollida do Perricote
18/01/2023
O pasado día 18 de xaneiro a nosa presidenta Beatriz, convidada por Travelguau, recolleu o galardón de mellor protectora de animais de España 2022. A figura do Perricote xa está no noso refuxio e todos os que formamos Gatocan ( Xunta Directiva, empregados, socios e voluntarios) non podemos estar máis orgullosos e agradecidos. Grazas de corazón a Travelguau e a todos os que co voso voto fixéstelo posible.

http://www.facebook.com/apagatocan/videos/3511684962410867

CONCENTRACIÓN PRAZA MAR�A PITA
10/01/2023
O domingo dia 8 de xaneiro houbo unha nova concentración contra a lei de benestar animal que se está tramitando para a súa aprobación e que pretende, entre outros, excluír aos cans de caza.
Novamente asistimos poucos, máis ou menos os de sempre, o que serviu de acicate aos cazadores, ao parecer moito máis unidos e defensores do seu que os animalistas, para afirmar a pouca repercusión que teñen os amantes dos animais neste pais.
Non nos manifestamos, pero tristemente abandonamos e maltratamos máis que ninguén xa que España está á cabeza de Europa en ambas as cousas. Cando vemos a foto dun can maltratado escandalizámonos e comentamos masivamente en redes sociais, pero seguimos sen molestarnos en acudir a demostralo publicamente. Mentres as cousas sigan así poucas esperanzas quedan aos perriños de caza e aos restantes.

Penso premio Travelguau
05/01/2023
Xa recibimos a máis dunha tonelada de penso da man de Travelguau e das marcas EUKANUBA,IAMS E PROBIAN por conseguir ser a mellor protectora do ano 2022 en España. Mil grazas!!

Charla colexio Calasancias Coruña
20/12/2022

Alegre a mañá deste día 20 de decembro que nos imos de excursión ao colexio Calasancias en Coruña, para gatocanizar a ambas as clases de 1°da ESO. Xa antes de aparcar sentímonos en casa. A nosa infinita gratitude por acollernos con tanto agarimo cada vez que imos de visita. En está ocasión foron nosas voluntarias Vero , Teresuki e Linda (cadela rescatada e adoptada por Vero) as encargadas de encher este martes de pelos o edificio principal. Folga dicir o ben que se portou Linda e o feliz que volveu por tanto aperta e sobredose de caricias (sospeitamos que en breves caeravos un currículo co seu nome e pegada...jejeje). Pero sobre todo queremos dar as grazas a Lydie Borra pola súa axuda e colaboración e a tod@s e cada un@ dos alumnos e alumnas pola curiosidade e sensibilidade demostradas. Grazas por tanto 💚

Premio mellor protectora Travelguau 2022
17/12/2022
Somos a mellor protectora TarvelGuau 2022!!!

Acábannos de conceder o Premio Travelguau a Mellor Protectora de Animais 2022. Á parte do valor simbólico e de recoñecemento ao mérito do labor realizado pola protectora, o refuxio recibirá
por parte de EUKANUBA,IAMS E PROBIAN polo menos 1 Tonelada de Penso como axuda ao seu labor!
Grazas a todos os que fixestes isto posible e por suposto a todos os que vos deixades a pel cada día por facer este mundo un mundo mellor para eles


<<Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19  Seguinte>>