Este sitio web utiliza unicamente cookies técnicas que son esenciais para o funcionamento da páxina.
Con todo, contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de cookies alleas a A. P. A. Gatocan que vostede poderá decidir se acepta ou non cando acceda a elas.
Pode obter máis información aquí.

X

asociacion@gatocan.com               Aviso legal    Política de privacidade

Noticias
<<Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19  Seguinte>>
Charla CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha
21/06/2023
O pasado día 20 de xuño acudimos a dar unha charla a nenos de 5° de primaria do CPR Plurilingüe A Grande Obra de Atocha en Coruña. A acollida, participación e axuda demostradas foron sorprendentes, debido a que fixeron entrega á nosa vicepresidenta Marta dun donativo de 100?, que recadaron os propios alumnos e alumnas. E de súpeto ao finalizar a nosa intervención varios alumnos da clase de 5°A irromperon con dozura entre sorrisos nerviosos con outro sobre na man con 70? no seu interior. Desde logo estamos rodeados de nenos e nenas estupendos con ganas de mellorar a nosa sociedade. O futuro pinta ben 🐾

Ter a oportunidade de inspirar aos nenos a que comprendan e busquen o benestar animal é para nós unha gran honra e privilexio.

Grazas a todo o equipo directivo, profesorado (sobre todo a María del Carmen por contactar e facer posible este encontro) e por suposto aos nenos e nenas por ser unha fonte everfescente de curiosidade, agarimo e ganas de axudar!

O refuxio agárdavos coas portas abertas. GRAZAS


Visita CEE Nosa Señora de Lourdes de Aspronaga
11/06/2023
O pasado día 9 de Xuño tivemos o gusto de recibir no noso refuxio aos alumnos do CEE A nosa Señora de Lourdes de Aspronaga. Foi un verdadeiro pracer ver como gozaron cos nosos peludos, así que grazas ao centro, aos profesores e sobre todo aos rapaces por facernos esta visita e polos preciosos detalles que eles mesmos realizaron para regalar aos nosos adoptantes

Charla CEE Nosa Señora de Lourdes de Aspronaga
08/06/2023
Estamos moi content@s porque o pasado día 6 de Xuño tivemos unha experiencia moi bonita. Gatocanizamos o Centro de Educación Especial Privada Nosa Señora de Lourdes de Aspronaga. Sen dúbida foi unha mañá super guau chea de momentos tenros, curiosidade e mesmo bailes!

A nosa vicepresidenta Marta, en compañía da nosa voluntaria Teresuki e da estrela cuadrúpeda Sira (que cada está máis bonita e chea de luz e de cor o pequeno planeta da súa familia), levan un bonito recordo.

Queremos facer chegar así noso máis sincero agradecemento a todo o persoal e profesores da Institución, especialmente a Luisa por xestionar a visita e dar todas as facilidades, ata para aparcar (que por esa zona non é moco de pavo). A atención e o trato recibido foron inmellorables.

Grazas por facer posible esta visita ao seu centro! Grazas por tanto!

Visita alumnas Facultade Economía e Empresas
03/06/2023
O pasado día 1 de Xuño recibimos a visita dun grupo de alumnas da Facultade de Economía e Empresas da Coruña coas que colaboramos nun traballo sobre o turismo con mascotas

Reunión
24/05/2023
O pasado día 23 de maio Gatocan reuniuse cun grupo de alumnas da Facultade de Economía e Empresa para colaborar cun traballo sobre o turismo con mascotas

Visita a Concentrix
25/04/2023
Alegre a mañá que xantamos en Concentrix Coruña. Este mes a empresa, dentro do seu proxecto anual de sensibilizar, educar e motivar, tratou o tema dos malos tratos animais. Para nós foi un gran pracer volver pisar as súas instalacións e dar unas cantas pinceladas a patas alzada sobre este tema (grazas a Iniciativa Dignidade Canina por facilitarnos fotos dalgúns dos seus casos, para poder mostrarlles a triste realidade próxima que existe).
Tanto Rubén como Teresuki pasárono como cachorros de tres meses, grazas a Alicia Pérez e a súa total entrega. Es unha persoa "supervitamita" que coida cada detalle. Grazas por tanto 🙏

Non podemos finalizar este resumo sen destacar o apoio e colaboración de Tania (adoptante de Pancho) . Toda a nosa gratitude 💚


Visita Clan Kilimanjaro
10/04/2023
O pasado día 2 de abril tivemos unha visita moi especial. O grupo Scouts Clan Kilimanjaro, de Madrid botounos unha pata no refuxio, viñeron 13 moz@s e catro monitores. Un pracer para nosotr@s darvos a coñecer o noso labor e gozar da vosa axuda e compañía.

Grazas pola vosa visita e atención e sobre todo polo agarimo mostrado en todo momento cara a l@s pelud@s.

AGRADECEMENTOS AO COLEXIO MILLADOIRO DE MALPICA
02/04/2023
Os alumnos do colexio Milladoiro en Malpica levaron a cabo unha bonita actividade colgando por toda a cidade carteis cos animais que temos en adopción para fomentar a adopción e que a xente coñeza aos nosos animais. Un millón de grazas elegante@s por esta preciosa iniciativa!!!!!

CHARLA CPR S.JOSÉ 1º FILIAL GRANDE OBRA DE ATOCHA
01/04/2023
O pasado día 30/03/2023 visitamos o colexio CPR San José 1° Filial Grande Obra de Atocha en Pontedeume. Un pracer como sempre poder falar sobre o noso labor peluda, tenencia responsable e benestar animal. Os nenos e nenas contáxiannos o seu entusiasmo e só ao seu lado un futuro de respecto e abandono cero parece posible.

Grazas a Marta, a nosa vicepresidenta todoterreo, e a Naiara, outra das nosas voluntarias de pico e pa polo gran labor de ambas. E por suposto ao equipo directivo do colexio en xeral e en particular a Mirella, profesora do centro, por contactarnos para levar a cabo esta iniciativa.

Grazas, saúde e saúdos peludos

Charla CEIP José Cornide Saavedra
18/03/2023
O pasado día 17 de Marzo tivemos a sorte de visitar o encantador colexio CEIP José Cornide Saavedra, na Sardiñeira, no @coruna_gal para falar do que máis nos apaixona: os animais. Oxalá que as nosas palabras fagan reflexionar aos alumnos e alumnas sobre a importancia de ser responsables cos diferentes seres vivos e abrigo, a valoralos como parte da familia durante toda a súa vida? A través da emoción edúcase o corazón! Ell@s son o futuro e coñecendo o traballo que se desenvolve neste centro resulta moi esperanzador. Bravo

<<Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19  Seguinte>>